Saltar ao contido

Manuel Ángel Corzo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaManuel Ángel Corzo
Biografía
Nacemento1 de maio de 1842 Editar o valor en Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de abril de 1871 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor en Wikidata

BNE: XX5676757 BUSC: corzo-manuel-angel-1841-1871

Manuel Ángel Corzo Sueiro, nado en Santiago de Compostela o 1 de maio de 1842[1] e finado na mesma cidade o 25 de abril de 1871, foi un escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de Fernando Corzo Gago. Comezou a carreira eclesiástica, que abandonou para emprender os estudos de Dereito que non chegou a rematar pola súa morte. Publicou os seus primeiros versos en El Miño. Foi secretario de redacción nos dous primeiros números de La Joven Galicia e logo colaborador habitual. Foi poeta e cultivou o ensaio literario. No Album de la Caridad publicou o poema "A media noche". Asinaba moitas veces como M. A. Corzo.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con Rosa Puig Vilomara en 1864, que morreu en 1867.

  1. El Correo de Galicia, 12-2-1919, p. 1.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]